A cea das enaguas
Todo comeza un día festivo cando
Eloi vai á súa vila a visitar seu avó, Matías. O que non sabe é que nesa mesma
vila hai numerosos segredos que el descoñece por completo. A súa curiosidade e
afán de saber a verdade levarán a Eloi e á súa familia materna enteira a un
camino sen retorno cara a súa verdadeira orixe.
O libro podería clasificarse
dentro do xénero de libros costumistas, reflectindo a vida cotiá dunha vila que
pouco a pouco vai perdendo habitantes ata o punto de quedar baleira.
Caracterízase polos continuos saltos temporais nos que se van descubrindo
segredos ata entón descoñecidos para o lector e para a meirande parte do resto
dos personaxes. Pese a que ás veces hai partes que poden resultar un tanto
monótonas, An Alfaya sabe como manter o lector dentro da historia, coa
constante intriga de saber o desenlace, e coa aparición repentina de novas
situacións que alterarán por completo o transcurso dos feitos.
En xeral, na miña opinión, a
novela é bastante fácil de ler e moi amena. Mantén a intriga cada intre, e
podes ler case oitenta páxinas sen percatarte delo. Totalmente recomendable
para amantes da lectura e para os que non tamén, pois como xa dixen, é sinxelo
de ler e ten unha trama entretida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario